ENTORNO


O Entorno Natural de A Pastoriza

Situado o concello no reborde da meseta lucense, presenta unha paisaxe caracterizada por rasgos de transición á alta montaña lucense.


A altitude ascende cara o norte, no Cordal de Neda, e no comenzo da Serra de Lourenzá, e tamén hacia o leste, onde se sitúan as derradeiras estribacións da Serra de Meira, e a de Pousadoiro, onde as máximas alturas rondan os 700-800 metros.

Esta orla montañosa establece a divisoria de augas entre os ríos que desembocan no Cantábrico e a conca do Miño, dela descende un elevado número de cursos fluviáis que surcan o concello de norte a sur, en busca do Miño.

Sobre este territorio amesetado e montañoso nos límites nororientáis, a cuberta vexetal é maioritariamente de prados, que rodeans as pequenas entidades de povoación do munipio. A Pastoriza ofrece pois una paisaxe onde os prados e pastizáis, separados por sauces e bidueiros, gañan terreo ao monte, e no que o máis destacado é o nacemento do río Miño na lagoa de Fonmiñá, no sureste do concello. A lagoa de Fomniñá forma parte das Terras do Miño declarada reserva da biosfera, que atravesa 26 municipios.

O concello conta con varios puntos paisaxísticos perfectamente visitables:

  • Campo do Oso en Bretoña.
  • Marco de Álvare en Álvare
  • Os Castros en Corbelle
  • O Fiouco en Cadavedo
  • A Cruz da Cancela en Bretoña
  • O Val de Vián visto desde o Alto da Pastoriza.

Tamén conta con dúas áreas recreativas:

  • Área recreativa de A Liboira
  • Área recreativa de O Acebreiro

Ó longo de todo o territorio podemos atopar vexetación autóctona como grandes carballeiras e bosque caducifolio. Ademais é unha comarca rica en fauna, dende pequenos insectos, pasando por paxáros de todo tipo, con gran presencia de cigoñas, e chegando ata grandes mamíferos como lobos ou xabarís.


Subtítulo para este bloque

Os Humedais da Terra Chá

Dentro do rico ecosistema da Terra Chá, podemos atopar diversas rutas para percorrer e avistar a fauna e flora característica do entorno

gl_ES