HISTORIA


O concello conta con gran cantidade de necrópoles con túmulos megalíticos (mámoas ou medorras, antas, dolmens), como é o caso do dolmen de Mazoi en Pousada (anos 4.000 – 2.500 a.C. aprox.), mentres que na parroquia de Lagoa apareceron nada menos que 120 machados prehistóricos da Idade do Bronce (2.000 – 1.000 a.C.). Tamén hai documentados máis de 20 poboados castrexos e galaico-romanos en todo o concello, testemuña dun importante período histórico de asentamento nesta zona, que abrangue dende o séc. VIII a.C. ao V d.C., destacando os castros de Fomiñá, Piñeiro ou Saa, este último un dos máis grandes e senlleiros de toda a comarca. Da etapa romana é a estela do Castro das Croas (Reigosa), monumento funerario datado entre os séc. I – III d.C. atopado neste castro xunto con outros vestixios galaico-romanos.


Unha das épocas máis relevantes deste concello circunscríbese á actual parroquia de Bretoña.

Son varios os historiadores que sitúan aquí o que foi o Mosteiro Máximo da Diocese Bretona de Galicia, sendo a primeira diocese cristiana de España da que existen referencias documentais, e que estaría situada no lugar que actualmente ocupa a igrexa de Santa María de Bretoña. O Parochiale Suevum (século VI d.C.) é o documento mais antigo que fala desta primitiva e misteriosa diocese, dándonos novas tamén de diferentes bispos de Britonia coma Mailoc (ou Maheloc), Metopio, Sona ou Bela, entre outros.

O contexto histórico, político-relixioso, da emigración bretona a Galicia e da súa organización eclesiástica, é moi complexo. No ano 409 os suevos entran na Peninsula Ibérica e aséntanse en Galicia no ano 417. A povoación hispanorromana, católica, e os novos invasores deben convivir aínda que a situación non é fácil, de feito, no ano 431 o bispo Idacio de Chaves marcha ás Galias a solicitar a axuda de Aecio, axuda que non se concede, e ata o ano 438 non hai paz entre os dous grupos de povoación. Ao tempo, hai que considerar, a situación a nivel penínsular da enemistade entre o reino suevo católico e o reino visigodo arriano; nesta loita estarían involucrados os membros da igrexa bretona galega.

Hacia o ano 559 os suevos, por influxo de San Martín de Dumio, pai da igrexa sueva, convírtense ao catolicismo; pero entre o ano 469 e a conversión dos suevos non hai un coñecemento profundo da situación da igrexa en Galicia, sendo precisamente nestas datas cando a igrexa bretona instalase nestas terras, entre o norte da provincia de Lugo e o occidente asturián.


No século VIII d.C., a invasión musulmá penetra cara o norte e chega a Bretoña, destruíndoa; será o fillo de Muza, Abd-el-Aziz, no ano 716 d.C. Con posterioridade á invasión musulmá, o actual territorio de A Pastoriza foi propiedade aforada do bispo de Mondoñedo, Meira e Lourenzá. As sedes de Oviedo e Mondoñedo foron as herdeiras materiais da cristiandade de Bretoña, pasando a Mondoñedo a titularidade da sede Britoniense.


A documentación relativa a Pastoriza e a Bretoña durante a Idade Media é moi escasa, destacando dous documentos; o primeiro é do ano 1. 388 d.C. en relación á visita do bispo de Mondoñedo, e aporta datos sobre a vila a finais do século XIV d. C.; o segundo documento fai referencia á visita realizada no ano 1.456 d.C. polos administradores nomeados polo cabildo de Mondoñedo.

Gracias a documentos de este tipo coñecemos a toponimia da época, os cultivos, a economía, a sociedade e o goberno da diócese de Mondoñedo; e neste caso, de Bretoña, como a súa densidade demográfica, 130 feligreses, que cultivaban 32 caseríos ou casais, que estaban aforados aos habitantes polo bispo de Mondoñedo, xefe espitual e temporal; cultivaban o bretoniense no século XIV pan de centeo, millo, fabas, e lino, ademáis de ganderia e o traballo de dous muiños, o de Portela e o de Naseiro.

Na actualidade, o concello de A Pastoriza está recuperando o gran patrimonio histórico e cultural para poñer en valor o seu pasado. Iniciativas como o Centro de INterpretación de Bretoña ou as intervencións arqueolóxicas no Castro de Saa son un bo exemplo.

gl_ES