O Centro de Interpretación de Bretoña está situado na Praza Campo da Igrexa, en Bretoña. Conta cunha exposición permanente e alberga exposicións temporais e actos.
Nel, podemos percorrer a historia tanto de Bretoña, localidade histórica do concello de A Pastoriza, como de todo este municipio da Terra Chá, cuios primeiros rexistros arqueolóxicos datan da prehistoria.
A Pastoriza é, dentro da rexión mindoniense, un dos lugares elixidos polos emigrantes britanos para asentarse durante os séculos V e VI. No CIN Bretoña podemos coñecer as diferentes etapas históricas:
Así mesmo, no centro de interpretación, podemos coñecer a historia do Castro de Saa a través dos materiais atopados durante as intervencións arqueolóxicas coas súas reconstruccións dixitais.
Esta exposición permanente, mostra os distintos tipos de materiais utilizados durante as etapas castrexa e galaico-romana así como o uso dos mesmos. A gran pervivencia do castro, século III a.C. – século II d.C. permite contemplar a evolución nos traballos e materiais experimentada ó longo dos séculos.
Podemos atopar tamén unha reconstrucción e unha infografía dunha das vivendas galaico-romanas atopada durante as intervencións arqueolóxicas.
