O CASTRO DE SAA

Trátase do castro máis monumental do Concello de A Pastoriza, presentando un complexo defensivo moi ben conservado. En primeiro lugar, o seu emprazamento permite controlar visualmente o val do río Miño, ó atoparse situado na parte alta da chaira circundante. En segundo lugar, o castro está rodeado dun complexo sistema de fosos, parapetos e murallas. Unha muralla construída en cachotería de pedra, por superposición de fiadas horizontais, cunha altura aproximada de entre 4 e 5 metros, rodeaba o recinto habitacional. A súa vez, un foso cun parapeto circular rodeaba a propia muralla.

Na parte frontal, un sistema de tres fosos con parapetos consecutivos gardaban a entrada, cabe a posibilidade de que o máis próximo á muralla formase parte da mesma e estivese construído en pedra.


A croa ou primeiro recinto circular ten unhas dimensións de 100 metros de diámetro, o que fai ó recinto habitacional apto para unhas 200 ou 300 persoas. Os campos circundantes adicábanse á agricultura e
a gandaría, dada a fertilidade da terra, a cal segue a aproveitarse hoxe en día.

O estado de conservación da croa e parte das estructuras defensivas é bó. As escavacións arqueolóxicas constataron a existencia de estructuras tanto habitacionais e defensivas como arquitectónicas cun nivel constructivo que permite tanto a investigación como a posta en valor. Nembargantes o aproveitamento forestal no entorno inmediato afectóu ao sistema defensivo do sector norte, e o aproveitamento agrícola poido ocasionar alteracións ou incluso destruccións en parte do castro.


O Castro de Saa presenta unha gran pervivencia, a súa construcción e ocupación comezan en torno ó século III a.C. e chegan ata o século II d.C. aproximadamente. Na arquitectura e nos materiais do castro se
pode apreciar o cambio cultural progresivo que supuxo a romanización de Galicia.

As primeiras estruturas, plenamente castrexas, estarían construídas en material perecedeiro, de planta circular e suxeitas por una zanxa con pedras chantadas, como atestiguan as escavacións na zona oeste do castro. De xeito contemporáneo, existían estructuras habitacionais construídas en pedra, de planta circular ou rectangular con esquiñas redondeadas. A meirande parte de estas estruturas atópanse rotas por estruturas posteriores. En época plenamente castrexa constrúese tamén a muralla defensiva, así como os diferentes fosos e parapetos, ademais os alxibes da parte central, co sistema de canalización de auga serían, tamén, de esta etapa histórica.

As novas construccións levántanse aproveitando as antiguas como cimentación, ou desfacéndoas para ocupar ese espacio. As estructuras habitacionais alcanzan un maior tamaño e complexidade, atopamos vivendas con unha ou varias estancias, de planta rectangular e con esquiñas en ángulo recto, o que permitiría a súa vez, o uso dun espacio superior, conferindo mais dun piso ás vivendas. Refórmanse os empedrados exteriores e os pavimentos e comeza a empregarse a tégula como material constructivo, en vez de material perecedeiro ou lousa, para tellados e lareiras.

As pezas cerámicas son mais refinadas e homoxéneas, e comeza a utilizarse o engobado., así como formas decorativas mais complexas e novas técnicas de traballo.

Aumenta o comercio cos asentamentos circundantes, durante as intervencións arqueolóxicas atopáronse materiais importados de Lucus Augusti, a actual cidade de Lugo, onde estaban situadas moitas olarías cerámicas.

A finais do século II d.C. o Castro de Saa abandónase como asentamento. Posteriormente as terras nas que se asenta utilizáronse como terras de cultivo e gandaría, así como para aproveitamento forestal. Non foi ata o ano 2016 no que se decide intervir este ben patrimonial e poñelo en valor con campañas sucesivas de escavación arqueolóxica, dando estas magníficos resultados.

Intervencións Arqueolóxicas

As intervencións arqueolóxicas comezaron no ano 2016 e siguen sucedéndose cada ano.

gl_ES